Aviso legal.

De acordo coa lexislación vixente, infórmoche a responsabilidade e titularidade do dominio web sabela.eu, e o sitio web asociado, perténcenme a min, Sabela Muñiz Pérez, DNI 35477847W, con domicilio en Avda. Doutor Tourón 44, 36600, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), e o meu correo electrónico de contacto é info@sabela.eu

El uso desta web identifícate coma usuario, e con iso aceptas os termos e condicións que che indico a continuación. Se hai algún que non che guste, escríbeme e podemos ver como adaptalo á túa situación particular, claro.

Para mellorar a túa experiencia de usuario, recopilo datos automaticamente (explícocho mellor nas cookies) pero non é información que comparta con terceiros. Ademais, é posible que me envíes unha mensaxe para facer cousas xuntos: esta información tamén a gardo, para poder desenvolver o meu traballo ou o proxecto que teñamos. Pois sen eles, non podería realizar o servizo solicitado.

A veces poño enlaces a sitios externos, para amosarche información ou facilitarche as buscas que fagas. Eso non significa que teña algún tipo de control sobre eses sitios nin nos contidos que amosan. E en consecuencia, non podo asumir a asociación ou responsabilidade polo que fagas neles. Nin garantir a súa dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude ou veracidade. Amósoche o camiño, pero es ti quen decide seguilo ou non.

Propiedade Intelectual e Industrial.

Son a única titular ou licenciataria dos dereitos de propiedade intelectual e industrial da web, así como dos elementos contidos na mesma.

Expresamente prohibo toda reprodución, distribución, comunicación pública e transformación da totalidade ou parte dos contidos desta web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico.

Agora ben, se queres compartir contidos, infórmoche de que están suxeitos a unha licenza Creative Commons Recoñecemento – Compartir Igual – 4.0. Así que, podes copiar algo ou reproducilo, pero mencionándome e sen tocar nada. Debes compartilo tal e como está. Trátase de compartir ideas e contidos, pero non de plaxiar.

Responsabilidade.

Dentro dos límites da lei, Sabela Muñiz Pérez non se fai responsable de:

  • erros ou omisións nos contidos
  • falla de dispoñibilidade da web
  • transmisión de programas maliciosos nos contidos,

a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas precisas para evitalo.

Tento que o meu contido estea nun entorno seguro pero non podo garantir milagres.

Cambios nas condicións.

Estes textos ou os contidos da web poden cambiar en calquera momento. Se son cambios grandes, que che afectan como usuario, avisareiche, se teño o teu correo electrónico. Mais para as pequenas cousas, simplemente, deixarei un aviso pola web, e poderás botarlle un ollo cando queiras.

As modificacións entrarán en vigor dende o momento da súa publicación, salvo que se indique algo distinto, pero no 99% dos casos cando as publique.