Política de privacidade

O que se fai e o que non, cos teus datos nesta web.


Esta política expresa cómo se vai tratar e protexer a túa información persoal á hora de relacionarte comigo a través deste sitio web.

Cando me envías un correo, cando te pos en contacto comigo, cando me queres contratar para un servizo, estasme a dar datos e información persoal. Aquí está o que precisas saber nese sentido:

A información que me proporciones é confidencial. Non a comparto con terceiros, salvo nos casos contemplados por lei.

O uso deste sitio Web implica a aceptación desta Política de Privacidade así como das condicións incluídas no Aviso Legal.

Quen é o responsable do tratamento dos datos?

Sabela Muñiz Pérez, número de D.N.I. 35477847W. Domicilio, Avda. Doutor Tourón 44, 36600, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Correo electrónico: info@sabela

Cal é a finalidade do tratamento da información?

Basicamente, navegar pola web, e no seu caso, xestionar os servizos que me solicites.

Ocasionalmente, utilizareina para mellorar os servizos, por exemplo, facendo estadísticas ou analizando os resultados das ferramentas de analítica, facendo enquisas, (se teño o teu correo), algo de publicidade sobre os meus produtos ou de terceiros que che recomendarei…

Cal é a miña lexitimación para facer todo isto ca información que me facilitas?

As miñas intencións son boas. A base legal é a aceptación do Aviso e o teu interese en colaborar, traballar, solicitar información ou o que xurda nese sentido.

Que datos vou a tratar?

A información que teño son os datos que me facilitas directamente a través do formulario de contacto (pode ser o teu correo electrónico, nome, apelidos, teléfono…) xa sexa para formular dúbidas, comentarios, suxestións, solicitar un servizo ou produto ou calquera outra información. Se non me subministras estes datos persoais mínimos, imposibilítasme poder responder á túa petición.

E a información que consigo automaticamente cando navegas pola web, aínda que é información anónima. Así que, tan só vou saber cánto tempo estás pola web, qué seccións che gustan ó navegar… pero de forma que non identifico o teu IP, nin o teu usuario, nin sequera o teu sistema operativo.

Están protexidos os teus datos?

Para protexer os teus datos persoais, tomo todas as precaucións razoables e sigo as mellores prácticas para evitar a súa perda, mal uso, acceso indebido, divulgación, alteración ou destrución dos mesmos.

O sitio Web está aloxado en OVH, a seguridade dos teus datos está garantida, xa que toman todas as medidas de seguridade precisas para iso. Podes consultar a súa política de privacidade para ter máis información.

Os enlaces a outros sitios webs que podes atopar neste sitio web é como acceder directamente a eles. Posúen políticas de privacidade propias, sendo a túa responsabilidade coñecelas e aceptalas ou non.

Os datos ou a información persoal que me facilites para a prestación do servizo, ou a que se consiga por medios automáticos, recólloa e trátoa cumprindo coa normativa de protección de datos.

Recórdoche que na túa condición de usuario, sempre poderás exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, limitación, cancelación, eliminación e oposición sobre os datos persoais que teña sobre ti. Non precisas nin explicarme o motivo, ti mándame un correo a info@sabela.eu coa solicitude e intento que no menor tempo posible quede resolta.

Non esquezas indicar os teus datos como nome e apelidos, e achegar unha fotocopia do DNI, para que saiba que es ti.

Durante canto tempo vas tratar os meus datos?

Mentres dure a nosa relación contractual, ou 12 meses dende a derradeira mensaxe que me envíes.

No caso dos datos personais que me facilites para a facturación e compra de produtos ou servizos, gardareinos polo tempo legalmente aplicable, 5 anos.

Avísame se tes algunha dúbida, e intentarei solucionala coa maior brevidade.